Grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra, o proxecto ‘Un Sonho’ foi unha realidade durante este ano.
A través desta colaboración, levamos a cabo diferentes obradoiros sensoriais, deportivos e científicos, así como actividades de ocio e xornadas de respiro familiar.
Todas estas accións permitíronnos mellorar a calidade de vida dos nosos cativos dentro do espectro autista e das súas familias. https://www.instagram.com/p/DS28AR0DYvU/





