Esta vez convertémonos en pequenos arqueólogos para viaxar ao pasado, explorar unha escavación e descubrir, xogando, como se vivía antigamente. E despois… ¡mans á arxila! Experimentamos con pigmentos naturais e deixamos voar a creatividade para crear a nosa propia peza e levar un pedaciño desta aventura para da casa. Unha tarde de exploración, aprendizaxe, creatividade e, sobre todo, moito gozo compartido en familia.
Esta actividade formou parte do Plan +Convivencia da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que nos permite seguir creando espazos de encontro, participación e lecer para as nosas familias.
Grazas á Deputación de Pontevedra por habelo feito posíbel e a todas as familias que unha vez máis se sumaron á aventura. https://www.instagram.com/p/Dd1hGentoU9/
